14 mar 2014

O MECD convoca bolsas para a participación no programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España.

As bolsas para a participación no programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte están destinadas a alumnado de Bacharelato, de Grao medio de Formación profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de nivel intermedio e avanzado.

As persoas beneficiarias asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés dunha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.

o prazo da solicitudes está aberto ata o 2 de abril de 2014 e a xestión debe facerse a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.



No hay comentarios:

Publicar un comentario