26 mar 2013

Cursos de inmersión lingüística verán 2013

Ola a tod@s!

Só queriamos comunicarvos que a Consellería de Educación convocou as axudas para poder realizar cursos de linguas estranxeiras no verán. Para os alumnos da ESO serán en campamentos en Galicia no mes de xullo . Os alumnos de Bacharelato tedes a opción de viaxar ao estranxeiro, Reino Unido e Cánada.

O prazo para facer a solicitude remata o 22 de abril. Deixámosvos o enlace a páxina da Xunta onde tedes toda a información. Podedes facer a solicitude no centro á volta das vacacións. Se tedes calquera dúbida ou pregunta, xa sabedes. Podedes escribir a ingles@feijoozorelle.com

Portal Axudasle

Para os alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO o Ministerio de  Educación convocou axudas para participar nun programa de inmersión lingüística para o verán de 2013, no mes de agosto. Son campamentos en distintos lugares de España. Poden solicitar estas axudas os alumnos que no curso pasado teñen unha media de notable ou 7 mínimo en inglés e no curso.
O prazo remata o día 15 de abril. Aquí tedes o enlace a aplicación para a solicitude. Para calquera consulta podedes escribir a ingles@feijoozorelle.com ou falara coas profesoras de inglés do cole.



No hay comentarios:

Publicar un comentario